Publicidad:
La Coctelera

O que amosas é máis importante que o que dis.

Image and video hosting by TinyPic

30 Marzo 2008

o marketing viral na ONCE

Actualmente ONCE está apostando forte polo denominado marketing viral http://es.wikipedia.org/wiki/Marketing_viral, está pegando un xiro moi importante na súa súa maneira de elaborar e producir anuncios, e como consecuencia no renome da súa marca, parece estar comezando a cambialos seus referentes (asociación co Nadal e as súas connotacións. Tema abordado no anterior post).

Esta nova técnica tan efectiva busca deixar pegada no consumidor, pero xa non tanto espertando sentimentos, senón chamando máis a atención. Son anuncios deste tipo os do verán da lotería, os tan coñecidos …

"O verán máis heavy":

Ou a saga de invéntate la canción del verano:

“Tú me das cremita…”:

“la medusa del amor…”:

atasco en la nacional…”:

tapitas…”:

Non é doado atopar a alguén que non divisara algún destes anuncios, pois son moi bos e cumpriron a súa función de dar a coñecer a marca.

servido por copitocreador 3 comentarios compártelo

30 Marzo 2008

“cada navidad tus sueños juegan a la lotería. Que la suerte te acompañe”.

A publicidade da ONCE sempre tratou de seguir unha liña propia. Partíu da asociación da lotería co Nadal, unha época na que todos parecen estar máis dispostos a “buscar a felicidade”, a levar a cabo todos os seus propósito e as súas ilusións. Supoñendo isto, sacou a ONCE a súa gran idea, promocionouna moito nos medios de comunicación, sobre todo na televisión, e a partir de aí marcouse as súas propias pautas. Así sacou á luz o anuncio de Nadal do famoso “calvo dos anuncios da ONCE” e como foi acollido con moito éxito polo público, optou por seguir ese camiño, deste xeito lograron crear expectación ata tal punto que todos esperaban ve-lo calvo da ONCE coa tenrura da ilusión que esperta esa época do ano.

A semellanza destes anuncios non é en vano, o feito de que a música sexa en todos a mesma, e o xeito de facelos sexa tan parecidos que incluso podería chegar a pensarse que se trata do mesmo anuncio, non é porque sí, pois como estas “obras” unicamente estaban presentes nesta época do ano, a xente botábaas de menos e gustáballe lembralas. chegaron a formar parte da tradición de Nadal, case tanto como os anuncios de turróns ou de calquera outra coousa tan típicamente relacionada con estas datas.

Aquí vai unha pequena recompilación dos nomeados anuncios:

(antigo anuncio lotería)
(Anuncio Lotería 1998)
(Anuncio Lotería 1999)
(Anuncio Lotería 2000)
(Anuncio Lotería 2001)
(Anuncio Lotería 2003)
(Anuncio lotería 2004)
(Anuncio Loteria 2005)
(Anuncio Lotería 2006)
(Anuncio Lotería "la abuelita")

A felicidade, a ilusión e a tenrura de todos e cada un destes anuncios non pasa desapercibida. Son características que definen esta marca, algo intimamente relacionado a ela.






servido por copitocreador sin comentarios compártelo

29 Marzo 2008

As bonecas de Famosa...

“Las muñecas de Famosa se dirigen al portal para hacer llegar al Niño su cariño y su amistad. Y Jesús, en el pesebre, sonríe, porque está alegre. Nochebuena de amor, Navidad jubilosa: es el mensaje feliz de las muñecas Famosa.”

FAMOSA (Fábricas Agrupadas Muñecas Onil Sociedad Anónima) trátase dunha das empresas de xoguetes española con máis tradición, e sen dúbida, é a que ocupa o espazo máis grande dentro dos corazóns dos españoliños.”.

E é que esta compañía vixente xa dende 1957 é una das firmas máis coñecidas polos pequenos que corenta anos atrás se deixaban conquistar e entenrecer pola fantasía e o mundo de ensopo creado polos publicistas que avalaban esta empresa. E, aínda hoxe, a pesares dos cambios que se produciron no mundo da creatividade, ó chegar o Nadal, esperamos ansiosos as novidades destes fantásticos creativos capaces de ilusionar a rapaces de tódalas épocas.

servido por copitocreador sin comentarios compártelo

17 Marzo 2008

A polémica do "efecto AXE".

"A publicidade AXE é machista e sexista, pero hai que recoñecer que conta cunha extraordinaria creatividade. Ésta debe sela causa de que os seus anuncios non xeren excesiva polémica, ou porque xa estamos acostumados a eles. De tódolos xeitos, cada anuncio deste desodorante é unha gran obra de publicidade que merece a pena ver. "

Este comenteario pertence a un blog que se corresponde coa seguinte dirección:

http://www.vayatele.com/2006/06/10-anuncio-axe-touch

Estou totalmente de acordo con este tipo de publicidade porque a orixinalidade e creatividade que a avalan son extraordinarias, pero penso que a poderían expresar doutro xeito, sen ofender a ningún grupo da sociedade, como neste caso son as mulleres, tratadas como mero obxecto, como se non tiveran personalidade, intelixencia, capacidade de decisión, senón que se limitan a responder ó estímulo provocado polo efecto AXE.

Se queremos unha sociedade distinta, un mundo onde reine a igualdade e a tolerancia, non podemos seguir con esta clase de anuncios insultantes nos medios de comunicación, temos que conseguir inculcar certos valores tan necesarios en calquera sociedade, como é o respecto, e outros moitos que este tipo de anuncios parecen esquecer sen ningún remorso.

A proba do que estou a comentar podedes apreciala en calquera destes anuncios da marca mencionada. Opinade vós mesmos, mirádeos con atención e pensade se non vos resultan indefirentes, vos parecen insultantes ou vos gusta ese xeito de facer publicidade, ese xeito de "educar" a sociedade.

http://es.youtube.com/watch?v=2mQx9gzl05Y

http://es.youtube.com/watch?v=GrKiatLR8MA

http://es.youtube.com/watch?v=YIVhTYjLoXI&feature=related


servido por copitocreador sin comentarios compártelo

7 Marzo 2008

Campañas de Concienciación Social


Vivimos rodeados de publicidade, tanto que xa non sabemos a onde mirar, por iso os publicistas teñen cada vez o labor máis difícil, porque conseguir que un anuncio chame a nosa atención a orixinalidade dos anuncios ten que ser impresionante.

Podemos diferenciar claramente dous tipos de anuncios segundo a súa finalidade: os anuncios que unicamente pretenden vender un produto ou servizo, con finalidade de lucro; e os que van máis alá, os que non buscan vender nada senón que o que queren é calar, xa non nos consumidores, senón nos cidadáns, espertando neles algún tipo de emoción, de sentimento de concienciación.

Hai sets que máis alá da transmisión dunha mensaxe, sets que chegan moi dentro, con iso xogan as campañas de concienciación social. Este é un deses anuncios que che dan que pensar, que nunca pasan desapercibidos.

Creo que pouco queda que dicir despois de velo. A mensaxe pode entenderse perfectamente a pesar de que no set ninguén fala, con tan só unhas imaxes e unha canción de fondo pode transmitirse tanto…é incrible a forza que teñen certas imaxes, para poder responder á tan sonada expresión “unha imaxe vale máis que mil palabras”.

Tamén hai anuncios que empregan as palabras como explicación das imaxes, posto que en moitas ocasións, as imaxes por si mesmas non o din todo. E aí outro exemplo de campaña de concienciación social. Esta vez do goberno de España sobre a integración dos inmigrantes na sociedade, baixo o lema " todos distintos, todos necesarios."

(Este set está sacado dun blog de márketing.

Como é evidente, nestes sets non se trata de vender nada, senón de transmitir uns valores, uns principios que toda sociedade debería defender. A tolerancia é un deles, un dos máis importantes.

servido por copitocreador 1 comentario compártelo

4 Marzo 2008

"Sra. Rushmore" a primeira en creatividade orixinal e eficaz.

No anterior comentario citei un set da campaña do atlético de Madrid. Este dedicareillo por completo á axencia que fixo posible todos os anuncios do equipo dende outubro do 2000, Sra. Rushmore. Decidinme por homenaxear esta axencia porque penso que funciona cunha interesantísima creatividade e orixinalidade. Emprega un xogo interactivo entre a situación, a posición na que se atopa o equipo en cada momento, e os seus sets. Así en momentos nos que o atlético non ía moi ben, os seus sets buscaban calar nos socios do mesmo para que non desesperaran, con anuncios como:

Anuncio atlétic de Madrid 1
Anuncio Atlétic de Madrid 2

Anuncio Atlétic de Madrid 3

Anuncio Atlétic de Madrid 4

Anuncio Atlétic de Madrid 5

Os tres son sets que se entenden por si mesmos, non precisan de ningunha explicación. Tamén atopei referencias a este estraño pero profundo sentimento que emociona ós seguidores do equipo, neste blog dun afeccionado do atlético de Madrid:

De onde escollín este anaco de texto dun comentario:

É cousa de sentimentos, os que non sodes do Atlético xamais o entenderedes.

Eu son do Atlético porque nacín así e así morrerei. Porque amo a esa camiseta e a ese escudo, máis sorpréndome a min mesmo, cando reflexiono sobre iso do que eu mesmo son consciente. A verdade, non podo dicirvos ata que punto son “rojiblanco", porque francamente non o sei, non me vin en ningunha situación límite vital que refreade ese sentimento pero daría todo polo meu equipo. O que se leva no corazón é difícil de explicar pero é algo moi moi grande que non entenderán os que non aman esas cores.

Sen embargo cando subiu a primeira división, a axencia animouse e lanzou:
O Atlético a Primeira

E cando xa non queda moito que dicir a cerca do equipo porque o contexto non os apoia demasiado, pois a axencia ten a gran idea de inventar unha nova “figura” para manter os socios do equipo, é “a figura do socio non abonado”, moi ben recollida no seguinte set que mostrou ó público:

A figura do Socio Non Abonado

Como podedes apreciar a posición actual desta axencia como número 13 no ránking de INFOADEX dende Maio do 2007, non é en vano. Pois esta axencia conta cun equipo creativo do mellor, como se evidencia en todos e cada un dos seus sets.

A páxina oficial da susodita axencia. e recoméndovos que a visitedes porque está moi ben, é moi orixinal. Timbrade nesa dirección e comprobarédelo.

A axencia publicitaria ‘Sra. Rushmore’ e o Atlético de Madrid traballan cóbado con cóbado dende anos atrás e as campañas publicitarias do Club “rojiblanco” sempre son esperadas con moita expectación, pola súa creatividade, a súa calidade e as súas mensaxes.

Por algo é a axencia número 1 en creatividade orixinal e eficaz.





servido por copitocreador sin comentarios compártelo

27 Febrero 2008

xa están ahí as "esperadísimas" eleccións


Quixera dicir que como cada catro anos, pero é máis que evidente que se dá con moita máis frecuencia este bombardeo mediático que vimos sufrindo dende os últimos meses, aínda que oficialmente dera comezo o 21 deste mesmo mes.

Entre os sets que vin sobre este tema, destacaría dous que me chamaron especialmente a atención, ambos de Zapatero "vota con todas as túas forzas", pero por distintas razóns.

Un deles destácoo porque me lembrou a outro anuncio xa feito (e con moito éxito, moi ben acollido polo público) que formaba parte dunha campaña publicitaria do Atlético de Madrid, onde se mostraba ó socio número un do club dese mesmo equipo, dicindo todo o que lle foran recomendando sacar da súa vida ao longo dos anos para conservar o mellor posible a súa saúde, e ó final concluía que " el atleti me mata, el atleti me da la vida". Pois ben, no set da campaña electoral de Zapatero, aparecen imaxes semellantes, onde un señor maior se mostra en escenas cotiás mentres di que tivo moitas experiencias ao logo da súa vida, tanto boas como malas, pero agora que chega á vellez decátase de que "Zapatero me ha devuelto la ilusión" votar por algo que lle dá esperanza faino rexuvenecer, dí que vai votar como se fose a primeira vez.

Xulgade vós mesmos, alí tedes ambos vídeos atopados en Youtube.

· Primer spot de la campaña 2008 "vota con todas tus fuerzas".

· Atleti me mata.


O outro anuncio que me chamou a atención, foi o terceiro set da campaña electoral de Zapatero, onde se deixa clara a importancia da tolerancia, aínda a pesar de tratar con persoas con pensamentos practicamente opostos. A mensaxe que se quere transmitir, penso que vai tamén pola vía da importancia de votar, posto que estamos nunha Democracia e ese é un dereito que todos temos e que todos debemos empregar, porque houbo moita xente que morreu carente de liberdade, para que nos puideramos facelo.

Este vídeo tamén está colgado en Youtube. Adiante esas críticas!!

Tercer spot de la campaña 2008 "vota con todas tus fuerzas".

servido por copitocreador 1 comentario compártelo

21 Febrero 2008

deixa voar a túa imaxinación

Para dar comezo a este blog, gustaríame falar dos anuncios que máis efectivos me parecen, porque penso que son os que logran captar a atencón dun xeito máis chamativo e chegando a un maior número de persoas. Estou falando dos anuncios que se integran na realidade, en obxectos reais. É unha mágoa que só se atopen nas grandes cidades, mais é comprensible porque imaxino que requiren unha gran inversión de diñeiro e mostralos onde teñan maior alcance parece ser sempre a mellor opción. Ainda que, pensar de vez en cando nas minorías non estaría nada mal, pero tamén é certo que é nas grandes cidades onde máis se precisa posto que está todo tan "contaminado" de anuncios publictarios por tódolos sitios que.....prácticamente acábase perdendo a capacidade de atención e para conseguir que un anuncio, unha noticia, etc. sexan lembrados, hai que chamar a atención con orixinalidade, inxenio e creatividade. Para ser recordado hai que destacar, hai que sr especial, por eso é tan importante a variedade!!!


Poderiamos dicir que se trata de "anuncios en 3D", porque o seu formato non é xa un cartel, senón que vai máis alá, conseguindo captar a atención do consumidor, polo feito de non tratarse xa dunha imaxe plana, senón que adquire certo "movemento", certa "dinamicidade". Un claro exemplo é este que temos enriba, onde o primeiro que chama a atención é o feito de que o cartel pareza levantado e agarrado pola imaxe do "consumidor da marca que se trata de promocionar". Así mesmo a expresión do personaxe é fundamental para captar a mensaxe que a marca desexa transmitir (de fortaleza, dureza, agresividade).

servido por copitocreador sin comentarios compártelo


Sobre mí

Avatar de copitocreador

O que amosas é máis importante que o que dis.

ver perfil »
contacto »
Ola a tod@s: Son unha alumna de primeiro de publicidade que soña con formar parte da sección de creatividade dunha empresa publicitaria dentro duns anos. Por iso, o tema que quero tratar neste blog, é o da publicidade. Así tratarei de buscar anuncios que me chamen a atención, axuntando a miña opinión e contrarrestándoa coa de outros autores de blogs que traten o mesmo tema. Por suposto aceptarei encantada críticas e comentarios de todo tipo!!!!! Moitas gracias e espero que disfrutedes coa creatividade coa que ás veces nos deleitan os nosos publicitarios galegos, españois.......de todo o mundo!!!!!

Fotos

copitocreador todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera