Publicidad:
La Coctelera

O que amosas é máis importante que o que dis.

Image and video hosting by TinyPic

29 Mayo 2008

Un spot bonito é un spot fiable??

O post de repsol proposto no blog www.lacoctelera.com/littlelentil paréceme o máis interesante, posto que se trata dunha crítica do anucio moi moi ben argumentada e razoada.

Fala littelentil dun spot proposto pola campaña de repsol, pero non un anuncio típico desta case de produtos, senón dun anuncio que pretende ir moito máis alá, que pretende concienciar ás persoas sobre a preocupación do medio ambiente, é impresionante cómo a primeira petrolífera de españa trata de concienciar ó personal sobre os efectos do cambio climático, sobre o coidado do medio que nos rodea, e sobre todo, tal e cómo se critica neste post o máis impresionante é que poña ó ser humano no cumio de tódolos bens que se fixeron na terra ó longo da historia, isto é xa o colmo dos colmos cando é tan evidente que o problema que empezamos a sufrir consecuencia do cambio climático é “gracias” á grandiosísima labor do ser humano, quen se encargou de loitar por unha vida mellor dende o principio da historia, pero sen pensar nas repercusións do seu entorno.

Pero trátase dun gran anuncio, un anuncio técnicamente perfecto e probablemente un dos mellares anuncios televisivos do momento, pero hai que ser realistas, podíase tratar dun anuncio de calquer outra cousa, pero dunha compañía petrolífera...por favor, estannos tomando por parvos, realmente pensan que a xente vai a picar no seu anzuelo?? Parece que a nova publicidade únicamante pensa en vender e se esta é a súa pretensión..pois alá eles, fan ben propoñendo campañas de loita contra o cambio climático, pero deberían pensar en levar á práctica todo o fermoso mundo que venden no spot.

Creo que o tema do seu post é de interese mundial, que todo o mundo debería lelo porque na publicidade non só é importante o acabado do anuncio, senón que polo menos sexa mínimamente creíble, porque unha petrolífera loitanto polo cambio climático...

servido por copitocreador sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de copitocreador

O que amosas é máis importante que o que dis.

ver perfil »
contacto »
Ola a tod@s: Son unha alumna de primeiro de publicidade que soña con formar parte da sección de creatividade dunha empresa publicitaria dentro duns anos. Por iso, o tema que quero tratar neste blog, é o da publicidade. Así tratarei de buscar anuncios que me chamen a atención, axuntando a miña opinión e contrarrestándoa coa de outros autores de blogs que traten o mesmo tema. Por suposto aceptarei encantada críticas e comentarios de todo tipo!!!!! Moitas gracias e espero que disfrutedes coa creatividade coa que ás veces nos deleitan os nosos publicitarios galegos, españois.......de todo o mundo!!!!!

Fotos

copitocreador todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera