O que amosas é máis importante que o que dis. http://copitocreador.lacoctelera.net <a href="http://es.tinypic.com" target="_blank"><img src="http://i31.tinypic.com/x2njmw.jpg" border="0" alt="Image and video hosting by TinyPic"></a> es-es Fotografía imaxinación creatividade e inxenio http://s3.amazonaws.com/lcp/copitocreador/myfiles/baby-and-i65x65.jpg O que amosas é máis importante que o que dis. http://copitocreador.lacoctelera.net the-shaker v0.1. More on http://www.the-shaker.com Un spot bonito é un spot fiable?? http://copitocreador.lacoctelera.net/post/2008/05/29/un-spot-bonito-e-spot-fiable 2008-05-29T13:46:56+00:00 O post de repsol proposto no blog www.lacoctelera.com/littlelentil paréceme o máis interesante, posto que se trata dunha crítica do anucio moi moi ben argumentada e razoada.

Fala littelentil dun spot proposto pola campaña de repsol, pero non un anuncio típico desta case de produtos, senón dun anuncio que pretende ir moito máis alá, que pretende concienciar ás persoas sobre a preocupación do medio ambiente, é impresionante cómo a primeira petrolífera de españa trata de concienciar ó personal sobre os efectos do cambio climático, sobre o coidado do medio que nos rodea, e sobre todo, tal e cómo se critica neste post o máis impresionante é que poña ó ser humano no cumio de tódolos bens que se fixeron na terra ó longo da historia, isto é xa o colmo dos colmos cando é tan evidente que o problema que empezamos a sufrir consecuencia do cambio climático é “gracias” á grandiosísima labor do ser humano, quen se encargou de loitar por unha vida mellor dende o principio da historia, pero sen pensar nas repercusións do seu entorno.

Pero trátase dun gran anuncio, un anuncio técnicamente perfecto e probablemente un dos mellares anuncios televisivos do momento, pero hai que ser realistas, podíase tratar dun anuncio de calquer outra cousa, pero dunha compañía petrolífera...por favor, estannos tomando por parvos, realmente pensan que a xente vai a picar no seu anzuelo?? Parece que a nova publicidade únicamante pensa en vender e se esta é a súa pretensión..pois alá eles, fan ben propoñendo campañas de loita contra o cambio climático, pero deberían pensar en levar á práctica todo o fermoso mundo que venden no spot.

Creo que o tema do seu post é de interese mundial, que todo o mundo debería lelo porque na publicidade non só é importante o acabado do anuncio, senón que polo menos sexa mínimamente creíble, porque unha petrolífera loitanto polo cambio climático...

]]>
http://copitocreador.lacoctelera.net/post/2008/05/29/un-spot-bonito-e-spot-fiable#comentarios
Un pouco de historia na publicidade http://copitocreador.lacoctelera.net/post/2008/05/19/un-pouco-historia-na-publicidade 2008-05-19T16:43:57+00:00 Máis de 9 minutos de anuncios que forman parte da historia da publicidade. Trátase dun repaso polos anuncios de marcas moi presentes tamén na publicidade actual. uns sets memorables, as ombreiras, os bailes, a música, os hábitos típicos dos 80.

E aquí o tipiquísimo anuncio: que buenas son las galletas fontaneda.

Anuncio coca cola aos 80 con mecano, canción coñecida, marca coñecida, mestura perfecta??

Botade unha ollada, pode que estes anuncios estén gardando en parte a esencia dos actuais.

]]>
http://copitocreador.lacoctelera.net/post/2008/05/19/un-pouco-historia-na-publicidade#comentarios
Creativos arxentinos en España, gran labor publicitaria. http://copitocreador.lacoctelera.net/post/2008/05/18/creativos-arxentinos-espana-gran-labor-publicitaria 2008-05-18T21:29:40+00:00 Anuncios como Geropa, Renault Ecolóxico, Visionlab e Aerolíneas argentinas foron experiementos onde campañas realmente creativas propostas por arxentinos. Non hai moito máis dicir, este video case 10 minutos de duración deixa moi clara a súa maneira de crear e traballar.

En todos eles a idea é toda unha novidade, o eslogan moi suxerente e a música atractiva, pegadiza e emotiva.

Catro grandes anuncios en mans de creativos arxentinos. A publicidade arxentina fala por sí mesma.

]]>
http://copitocreador.lacoctelera.net/post/2008/05/18/creativos-arxentinos-espana-gran-labor-publicitaria#comentarios
A música na publicidade http://copitocreador.lacoctelera.net/post/2008/05/11/a-musica-na-publicidade 2008-05-11T21:25:02+00:00

A música é una das mellores estratexias empregadas en publicidade, ainda que ás veces a música acaba coméndose á marca como pasou no caso “Amo a Laura”, onde se acabou perdendo o horizonte de publicitar a marca.

O jingle é un efecto sonoro moi curto que consiste soamente nun eslogan ou unha melodía. É moi empregado en publicidade sobre todo no soporte radiofónico. este método aporta un aire desenfadado ó anuncio, un toque de humor (Los Yaris) e sobre todo actúa dun xeito pegadizo quedando dentro da mente do consumidor axundándolle a ter a marca presente.

La obra social La Caixa.

Anuncio Coca cola hace la música grande: LOLA

Anuncio Balay. ALBERTO IGLESIAS.

]]>
http://copitocreador.lacoctelera.net/post/2008/05/11/a-musica-na-publicidade#comentarios
BMW, anuncios para reflexionar. http://copitocreador.lacoctelera.net/post/2008/05/08/bmw-anuncios-reflexionar 2008-05-08T20:19:52+00:00 A marca de automóbiles BMW sempre se caracterizou polos ter uns anuncios que aportan materia prima para deixarnos pensando.

Os seus anuncios nun corto período de tempo dino todo, ou non din nada, eso depende do grao de intreracción do espectador. ainda que polo xeral soen facer fincapé na xente pola súa música en xeral a súa forma de dicilas cousas, así como pola súa orixinalidade na idea do spot e sobre todo no eslogan, e sempre vai ó final enchendo de significado o anuncio.

BMW, be water my friend

Co spot do escultor cinético foi elixido anuncio do mes, unha categoría outorgada por Canal Plus.

BMW: anuncio cinética

Coa campaña de "te gusta conducir" subiron moito en ventas, era un eslogan co que axente se quedaba, un eslogan que segue funcionando, pois BMW dálle un sentido distinto ó mero feito de conducir, fai del un valor absoluto, un desexo un xeito de disfrute.

BMW: you could..:

]]>
http://copitocreador.lacoctelera.net/post/2008/05/08/bmw-anuncios-reflexionar#comentarios
Ecología al alcance de todos http://copitocreador.lacoctelera.net/post/2008/04/28/ecologia-al-alcance-todos 2008-04-28T01:28:32+00:00

Ese é o nome que leva a campaña que Renault lanzou como resposta á crecente preocupación da sociedade pola contaminación, polo coidado e o respecto ó medio ambiente. Result ó ser una campaña exitosa aparte da súa creatividade e orixinalidade, polo novo produto que se expoñía ó mercado, un coche menos contaminante.

Así, deron comezo outros moitos anuncios coa mesma temática, pois é a que agora busca a sociedade. Levamos anos e anos contaminando o planeta, pero como hoxe todo parece responder a modas, esta é unha máis delas: a exhaustiva preocupación pola natureza que empeza a formar o que se podería denominar a era ecolóxica.”

]]>
http://copitocreador.lacoctelera.net/post/2008/04/28/ecologia-al-alcance-todos#comentarios
"Coca-Cola para todos" http://copitocreador.lacoctelera.net/post/2008/04/23/coca-cola-todos 2008-04-23T00:23:08+00:00

E aquí o mellor anuncio de Coca-Cola que se fixo até o de agora, e probablemente o mellor anuncio da historia da publicidade.

Unha arxentina e delicada voz en off actúa como telón de fondo ó longo anuncio. Un set que define á perfección o público ó que a marca quere dirixirse; así deixa evidencia do seu amplísimo target.

Penso que non hai moito que comentar porque o anuncio por sí mesmo deixa ben clara a mensaxe que quere transmitir: Coca-Cola para todos.

Se a alguén se lle ocurre un xeito mellor de facelo...que o poña en práctica porque seguro que ten éxito.

É incrible o que se pode chegar a facer cunhas botellas de diferentes tipos e tamaños de Coca-Cola.

É incrible todo o que se pode dicir simplemente cun escenario de fondo branco e unhas botellas.

]]>
http://copitocreador.lacoctelera.net/post/2008/04/23/coca-cola-todos#comentarios
O punto de vista do noso estado anímico http://copitocreador.lacoctelera.net/post/2008/04/19/o-punto-vista-do-noso-estado-animico 2008-04-19T20:16:13+00:00

Hai determinados produtos que non teñen moi sinxelo chegar a un recoñecemento do seu nome na sociedade, xa ben sexa pola súa finalidade ou ben pola competencia do mercado (a existencia de moitos produtos coa mesma función). Son produtos que dificultan o labor do creativo publicitario. Por iso non é o máis normal atopar anuncios que resulten creativos, inxeniosos e orixinais neste tipo de produtos; estou falando por exemplo dos farmacéuticos, dos produtos de limpeza...e doutros moitos desta índole.

Pero sorprendentemente este anuncio de Pharmaton Complex ademais de deixar clara a función do produto, consegue facelo dun xeito orixinal e con un toque de humor.

Xulgade vós mesmos e pensade se moitas veces botades un sorriso ao ver un anuncio dun produto farmacéutico.

]]>
http://copitocreador.lacoctelera.net/post/2008/04/19/o-punto-vista-do-noso-estado-animico#comentarios
o marketing viral na ONCE http://copitocreador.lacoctelera.net/post/2008/03/30/o-marketing-viral-na-once 2008-03-30T23:49:48+00:00

Actualmente ONCE está apostando forte polo denominado marketing viral http://es.wikipedia.org/wiki/Marketing_viral, está pegando un xiro moi importante na súa súa maneira de elaborar e producir anuncios, e como consecuencia no renome da súa marca, parece estar comezando a cambialos seus referentes (asociación co Nadal e as súas connotacións. Tema abordado no anterior post).

Esta nova técnica tan efectiva busca deixar pegada no consumidor, pero xa non tanto espertando sentimentos, senón chamando máis a atención. Son anuncios deste tipo os do verán da lotería, os tan coñecidos …

"O verán máis heavy":

Ou a saga de invéntate la canción del verano:

“Tú me das cremita…”:

“la medusa del amor…”:

atasco en la nacional…”:

tapitas…”:

Non é doado atopar a alguén que non divisara algún destes anuncios, pois son moi bos e cumpriron a súa función de dar a coñecer a marca.

]]>
http://copitocreador.lacoctelera.net/post/2008/03/30/o-marketing-viral-na-once#comentarios
“cada navidad tus sueños juegan a la lotería. Que la suerte te acompañe”. http://copitocreador.lacoctelera.net/post/2008/03/30/cada-navidad-tus-suenos-juegan-la-loteria-la-suerte 2008-03-30T23:29:56+00:00

A publicidade da ONCE sempre tratou de seguir unha liña propia. Partíu da asociación da lotería co Nadal, unha época na que todos parecen estar máis dispostos a “buscar a felicidade”, a levar a cabo todos os seus propósito e as súas ilusións. Supoñendo isto, sacou a ONCE a súa gran idea, promocionouna moito nos medios de comunicación, sobre todo na televisión, e a partir de aí marcouse as súas propias pautas. Así sacou á luz o anuncio de Nadal do famoso “calvo dos anuncios da ONCE” e como foi acollido con moito éxito polo público, optou por seguir ese camiño, deste xeito lograron crear expectación ata tal punto que todos esperaban ve-lo calvo da ONCE coa tenrura da ilusión que esperta esa época do ano.

A semellanza destes anuncios non é en vano, o feito de que a música sexa en todos a mesma, e o xeito de facelos sexa tan parecidos que incluso podería chegar a pensarse que se trata do mesmo anuncio, non é porque sí, pois como estas “obras” unicamente estaban presentes nesta época do ano, a xente botábaas de menos e gustáballe lembralas. chegaron a formar parte da tradición de Nadal, case tanto como os anuncios de turróns ou de calquera outra coousa tan típicamente relacionada con estas datas.

Aquí vai unha pequena recompilación dos nomeados anuncios:

(antigo anuncio lotería)
(Anuncio Lotería 1998)
(Anuncio Lotería 1999)
(Anuncio Lotería 2000)
(Anuncio Lotería 2001)
(Anuncio Lotería 2003)
(Anuncio lotería 2004)
(Anuncio Loteria 2005)
(Anuncio Lotería 2006)
(Anuncio Lotería "la abuelita")

A felicidade, a ilusión e a tenrura de todos e cada un destes anuncios non pasa desapercibida. Son características que definen esta marca, algo intimamente relacionado a ela.






]]>
http://copitocreador.lacoctelera.net/post/2008/03/30/cada-navidad-tus-suenos-juegan-la-loteria-la-suerte#comentarios