29 Mayo 2008
O post de repsol proposto no blog www.lacoctelera.com/littlelentil paréceme o máis interesante, posto que se trata dunha crítica do anucio moi moi ben argumentada e razoada.
Fala littelentil dun spot proposto pola campaña de repsol, pero non un anuncio típico desta case de produtos, senón dun anuncio que pretende ir moito máis alá, que pretende concienciar ás persoas sobre a preocupación do medio ambiente, é impresionante cómo a primeira petrolífera de españa trata de concienciar ó personal sobre os efectos do cambio climático, sobre o coidado do medio que nos rodea, e sobre todo, tal e cómo se critica neste post o máis impresionante é que poña ó ser humano no cumio de tódolos bens que se fixeron na terra ó longo da historia, isto é xa o colmo dos colmos cando é tan evidente que o problema que empezamos a sufrir consecuencia do cambio climático é “gracias” á grandiosísima labor do ser humano, quen se encargou de loitar por unha vida mellor dende o principio da historia, pero sen pensar nas repercusións do seu entorno.
Pero trátase dun gran anuncio, un anuncio técnicamente perfecto e probablemente un dos mellares anuncios televisivos do momento, pero hai que ser realistas, podíase tratar dun anuncio de calquer outra cousa, pero dunha compañía petrolífera...por favor, estannos tomando por parvos, realmente pensan que a xente vai a picar no seu anzuelo?? Parece que a nova publicidade únicamante pensa en vender e se esta é a súa pretensión..pois alá eles, fan ben propoñendo campañas de loita contra o cambio climático, pero deberían pensar en levar á práctica todo o fermoso mundo que venden no spot.
Creo que o tema do seu post é de interese mundial, que todo o mundo debería lelo porque na publicidade non só é importante o acabado do anuncio, senón que polo menos sexa mínimamente creíble, porque unha petrolífera loitanto polo cambio climático...
servido por copitocreador
sin comentarios
compártelo
19 Mayo 2008
Máis de 9 minutos de anuncios que forman parte da historia da publicidade. Trátase dun repaso polos anuncios de marcas moi presentes tamén na publicidade actual. uns sets memorables, as ombreiras, os bailes, a música, os hábitos típicos dos 80.
E aquí o tipiquísimo anuncio: que buenas son las galletas fontaneda.
Anuncio coca cola aos 80 con mecano, canción coñecida, marca coñecida, mestura perfecta??
Botade unha ollada, pode que estes anuncios estén gardando en parte a esencia dos actuais.
servido por copitocreador
sin comentarios
compártelo
18 Mayo 2008
Anuncios como Geropa, Renault Ecolóxico, Visionlab e Aerolíneas argentinas foron experiementos onde campañas realmente creativas propostas por arxentinos. Non hai moito máis dicir, este video case 10 minutos de duración deixa moi clara a súa maneira de crear e traballar.
En todos eles a idea é toda unha novidade, o eslogan moi suxerente e a música atractiva, pegadiza e emotiva.
Catro grandes anuncios en mans de creativos arxentinos. A publicidade arxentina fala por sí mesma.
servido por copitocreador
sin comentarios
compártelo
11 Mayo 2008
A música é una das mellores estratexias empregadas en publicidade, ainda que ás veces a música acaba coméndose á marca como pasou no caso “Amo a Laura”, onde se acabou perdendo o horizonte de publicitar a marca.
O jingle é un efecto sonoro moi curto que consiste soamente nun eslogan ou unha melodía. É moi empregado en publicidade sobre todo no soporte radiofónico. este método aporta un aire desenfadado ó anuncio, un toque de humor (Los Yaris) e sobre todo actúa dun xeito pegadizo quedando dentro da mente do consumidor axundándolle a ter a marca presente.
La obra social La Caixa.
Anuncio Coca cola hace la música grande: LOLA
Anuncio Balay. ALBERTO IGLESIAS.
servido por copitocreador
sin comentarios
compártelo
8 Mayo 2008
A marca de automóbiles BMW sempre se caracterizou polos ter uns anuncios que aportan materia prima para deixarnos pensando.
Os seus anuncios nun corto período de tempo dino todo, ou non din nada, eso depende do grao de intreracción do espectador. ainda que polo xeral soen facer fincapé na xente pola súa música en xeral a súa forma de dicilas cousas, así como pola súa orixinalidade na idea do spot e sobre todo no eslogan, e sempre vai ó final enchendo de significado o anuncio.
BMW, be water my friend
Co spot do escultor cinético foi elixido anuncio do mes, unha categoría outorgada por Canal Plus.
BMW: anuncio cinética
Coa campaña de "te gusta conducir" subiron moito en ventas, era un eslogan co que axente se quedaba, un eslogan que segue funcionando, pois BMW dálle un sentido distinto ó mero feito de conducir, fai del un valor absoluto, un desexo un xeito de disfrute.
BMW: you could..:
servido por copitocreador
1 comentario
compártelo
28 Abril 2008
Ese é o nome que leva a campaña que Renault lanzou como resposta á crecente preocupación da sociedade pola contaminación, polo coidado e o respecto ó medio ambiente. Result ó ser una campaña exitosa aparte da súa creatividade e orixinalidade, polo novo produto que se expoñía ó mercado, un coche menos contaminante.
Así, deron comezo outros moitos anuncios coa mesma temática, pois é a que agora busca a sociedade. Levamos anos e anos contaminando o planeta, pero como hoxe todo parece responder a modas, esta é unha máis delas: a exhaustiva preocupación pola natureza que empeza a formar o que se podería denominar “a era ecolóxica.”
servido por copitocreador
sin comentarios
compártelo
23 Abril 2008
E aquí o mellor anuncio de Coca-Cola que se fixo até o de agora, e probablemente o mellor anuncio da historia da publicidade.
Unha arxentina e delicada voz en off actúa como telón de fondo ó longo anuncio. Un set que define á perfección o público ó que a marca quere dirixirse; así deixa evidencia do seu amplísimo target.
Penso que non hai moito que comentar porque o anuncio por sí mesmo deixa ben clara a mensaxe que quere transmitir: Coca-Cola para todos.
Se a alguén se lle ocurre un xeito mellor de facelo...que o poña en práctica porque seguro que ten éxito.
É incrible o que se pode chegar a facer cunhas botellas de diferentes tipos e tamaños de Coca-Cola.
É incrible todo o que se pode dicir simplemente cun escenario de fondo branco e unhas botellas.
servido por copitocreador
sin comentarios
compártelo
19 Abril 2008
Hai determinados produtos que non teñen moi sinxelo chegar a un recoñecemento do seu nome na sociedade, xa ben sexa pola súa finalidade ou ben pola competencia do mercado (a existencia de moitos produtos coa mesma función). Son produtos que dificultan o labor do creativo publicitario. Por iso non é o máis normal atopar anuncios que resulten creativos, inxeniosos e orixinais neste tipo de produtos; estou falando por exemplo dos farmacéuticos, dos produtos de limpeza...e doutros moitos desta índole.
Pero sorprendentemente este anuncio de Pharmaton Complex ademais de deixar clara a función do produto, consegue facelo dun xeito orixinal e con un toque de humor.
Xulgade vós mesmos e pensade se moitas veces botades un sorriso ao ver un anuncio dun produto farmacéutico.
servido por copitocreador
sin comentarios
compártelo